Titoriais para os procesos da nova web da FGTM
A nova web da Federación Galega de Tenis de Mesa xa está en funcionamento. Para facilitar os trámites a clubs e árbitros, preparamos unha serie de titoriais en PDF, con capturas paso a paso, sobre os procesos principais da plataforma:
- Activar a túa conta: Primeiro acceso de clubs e árbitros á plataforma.
- Club: partidos, árbitro, cambios e actas: Solicitar árbitro oficial, solicitar cambios de data, hora ou lugar, e rexistrar e descargar as actas.
- Club: facturas: Ver as facturas pendentes e pagadas, descargalas en PDF e enviar o xustificante de pagamento.
- Club: licenzas e carnés: Solicitar licenzas, ver o seu estado, descargar o informe de licenzas e os carnés.
Os titoriais están sempre dispoñibles no menú «Titoriais» da parte superior da web. Iremos engadindo novos titoriais a medida que se incorporen máis procesos.